Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

SEAGA E O CONCELLO ORGANIZAN UNHA XUNTANZA INFORMATIVA SOBRE AS NOTIFICACIÓNS RELATIVAS Á XESTIÓN DE BIOMASA NAS FAIXAS DE PROTECCIÓN DE VIVENDAS E NÚCLEOS DE POBOACIÓN

A empresa Seaga, por encomenda da Xunta de Galicia, no marco do convenio de colaboración entre a Conselleria de Medio Rural, a Fegamp e os concellos (convenio ao que Cedeira se sumou en 2018)para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias, levou a cabo no mes de agosto a inspección das parcelas que rodean os núcleos rurais e vivendas do concello de Cedeira.

O resultado obtido foi de máis de 3700 parcelas obxecto de notificación, comunicacións que dende a semana pasada a veciñanza, empresas e entidades que figuran no Catastro como propietarias de parcelas situadas na rede de faixas secundarias están a recibir. As parcelas de propiedade descoñecida serán publicadasno DOG e no BOE co obxecto de que os seus propietarios se identifiquen e procedan á xestión da biomasa e á retirada das especies arbóreas prohibidas presentes en ditas parcelas.

No seguinte enlace ao visor de faixas secundarias pode consultar a afectación da súa parcela.

Visor de faixas secundarias da Xunta

Se cando se reciba a notificación a parcela está debidamente xestionada (sen maleza nen árbores prohibidas) as persoas propietarias non deberán realizar ningunha acción ao respecto, xa que nunha segunda inspección por parte de Seaga comprobarase dita situación. Non obstante, poden comunicarlle o estado da parcela ao Concello para que llo transmita á Consellería e así se peche o expediente.

No caso de non ser o propietario da parcela, deberá comunicalo por escrito ao Concello, xustificando o motivo polo cal non é o responsable da parcela.

Para estas comunicacións e outro tipo de discrepancias coas notificacións recibidas, está a disposición de tódalas persoas un modelo de alegación nas oficinas do Concello, que tamén pode descargarse no seguinte enlace

Descarga Instancia alegacións a Seaga

O mércores 16 de outubro ás 18:00h no Auditorio Municipal terá lugar unha reunión informativa , a cargo de persoal de Seaga (en representación da Consellería de Medio Rural), en relación ás posibles dúbidas sobre as notificacións que os propietarios das parcelas situadas en faixas secundarias están a recibir.

 

Back to top