Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

OS ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS ESCOLARES DE CEDEIRA, NO VIII ENCONTRO IBÉRICO QUE TIVO LUGAR EN SANTIAGO

A experiencia dos orzamentos participativos escolares que desarrolla o goberno municipal de Cedeira desde o ano 2020 foi presentada esta semana no VIII Encontro Ibérico de Orzamentos Participativos que se desenvolveu en Santiago de Compostela. O concelleiro de Mocidade, Noel López, falou nunha mesa redonda adicada a estas iniciativas no ámbito educativo destacando a evolución dos proxectos, ao longo de sete edicións, ata abranguer actualmente a todo o alumnado, profesorado e persoal non docente do IES Punta Candieira. Subliñou que o municipio é unha Cidade Amiga da Infancia de Unicef e que creou o Consello Local de Infancia e Adolescencia (CLIA) Ondiñas na Vila, do que saíron xa varias propostas que se fixeron realidade.

Tal e como se puxo de manifesto no citado foro, a experiencia dos orzamentos participativos de Cedeira representa un exercicio de participación real, aprendizaxe democrática e implicación no colectivo para os sucesivos cursos de rapaces e razapas do instituto.

Xunto con Noel López, participaron na mesma mesa a politóloga Maica Freire, coordinadora en Cedeira dos diferentes proxectos, a concelleira Ángeles Alemán, de Cartagena, e o vicerrector da Universidade do Algarve Antonio Fragoso.

Back to top