Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A QUINTA EDICIÓN DO 3X3 CEDEIRA BASKET ACOMPAÑARÁ A ACTIVIDADE DEPORTIVA CON MÚSICA E XANTAR

Ata o 17 de xullo está aberto o prazo de inscrición para a quinta edición do 3×3 Cedeira Basket, o campionato de triples e habilidades que se desenvolverá do 23 ao 26 de xullo organizado polo Cedeira Basket Club coa colaboración do Concello de Cedeira.

Haberá catro categorías: mini (con dúas subcategorías máis), infantil, sénior e veteranos, que competirán ao longo dos devanditos días na praza Floreal nas modalidades masculina, feminina e mixta.

Ademais da parte deportiva, o 3×3 Cedeira Basket contará con música en directo, o venres 24 con DJ Wizard, o sábado 25 cunha sesión vermú e verbena co grupo Pechabares e o domingo 26 con Los Limones amenizando a actuación do mediodía. O sábado e domingo organízase ademaisun xantar de confraternidade, con churrasco o día 25 e paella o 26.

As personas que queiran participar poden enviar as súas solicitudes ao correo electrónico
cedeirabasket@gmail.com.

Back to top