O CONCELLO INVITA A COÑECER CEDEIRA A TRAVÉS DOS PASEOS CULTURAIS GRATUÍTOS
O Concello de Cedeira promove os próximos xoves do mes de xullo unha axenda de Paseos Culturais gratuítos para coñecer as facetas más singulares da vila.
As actividades comezarán o 9 de xullo ás 19:00 cun percorrido pola Cedeira urbana e especialmente polo itinerario de arte ao aire libre que constitúen os Murais Atlánticos.
O 16, a partir das 20:00, convócase un Paseo ata o solpor, no que as persoas participantes poderán gozar da espectacular posta de sol na vila.
A semana seguinte a protagonista será Cedeira mariñeira, un sinal de identidad moi marcado neste concello, comezando o paseo ás 18:00.
E xa para rematar, o xoves 30 a experiencia centrarase nos museos, “Terras de Cedeira” e “Mares”, cun percorrido fixado para as 11:00.
As reservas realízanse na web www.eufundevivo.com desde 7 días antes de cada actividade, e pódese obter más información a través de Whatsapp no número 660 058 348.