Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE CEDEIRA ULTIMA OS ESTUDOS PREVIOS AO ARRANXO DO PAVIMENTO DA ZONA VELLA

O Concello de Cedeira está a a ultimar os estudos previos para levar adiante o arranxo do pavimento da zona vella, que ten parte das lousas levantadas ou afundidas, nun proceso que o levou a consultar con diferentes empresas construtoras e profesionais especializados sobre a mellor maneira de abordar o problema. O goberno local é consciente da importancia que esta actuación ten, tanto para veciñanza como para visitantes, e quere reiterar o seu compromiso de artellar unha solución á maior brevidade.

Entre outras empresas e profesionais, o goberno local requeriu a colaboración do Centro Tecnolóxico do Granito, na procura da solución técnica máis axeitada, así como coa compañía que no seu momento realizou a colocación do pavimento.

Os responsables municipais reiteran que están preocupados e sensibilizados sobre o importante que é arranxar o lousado, especialmente deteriorado nas zonas polas que hai tránsito rodado, para garantir as mellores condicións de mobilidade á poboación, especialmente ás persoas maiores, e subliñan que o seu traballo vai dirixido a garantir que se adopta unha solución definitiva.

Back to top