Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

GASTROMAR CEDEIRA. SESIÓN FORMATIVA DE COCIÑA MARIÑEIRA DIRIXIDA Á HOSTALARÍA LOCAL

O luns 28 de outubro ás 11:00 horas terá lugar no segundo andar do auditorio municipal de Cedeira unha sesión formativa dirixida á hostalaría local sobre as distintas preparacións das especies da zona e a súa presentación gastronómica. Serán dirixidas polo chef Adrián Pérez, do restaurante Sinxelo, sendo preciso inscribirse previamente a través do teléfono +34 722 60 84 71.

Mediante a realización de exemplos prácticos empregando produto local e subprodutos como algas ou outras especies infrautilizadas, preténdese achegar á hostalaría local as distintas posibilidades e aplicacións desta materia prima nos seus negocios. Esta sesión estará dirixida polo chef Adrián Pérez, do restaurante ferrolán Sinxelo, premiado recentemente polo público como o mellor cociñeiro de Tapas de Galicia.

O obxectivo é reforzar as relación locais entre o sector do mar e a hostalaría, á hora de promover o uso de especies mariñas da zona e a súa transformación na cocina, ofertando produto KM0 á propia veciñanza e visitantes, visibilizando a lonxa e a Confraría e fomentando a comercialización de todo tipo de especies mariñas e subproductos.

A actividade está dirixida ás e ós hosteleiros locais da vila, sendo necesaria a inscripción previa a través do teléfono +34 722 60 84 71, vía chamada, mensaxe ou Whatsapp.

«GASTROMAR Cedeira» é unha iniciativa para a revalorización do sector mariñeiro a través de actividades orientadas a diferentes públicos. Ademáis destas accións formativas, destacan as aulas mariñeiras para o alumnado de primaria e secundaria dos centros educativos locais; guiados de rutas para o público xeral; exposicións exteriores sobre as xentes do mar, a gastronomía, o coidado e conservación do medio ou o consumo responsable e accións de comunicación para a difusión das actividades do proxecto.

O proxecto «GASTROMAR Cedeira: promoción do consumo do produto mariñeiro local» foi impulsado polo Concello de Cedeira para financiación do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, a través das axudas outorgadas polo GALP A Mariña – Ortegal.

 

 

 

Back to top