COIDAMOS CEDEIRA. PROGRAMA DE FOMENTO DA INVESTIGACIÓN
Onte tivo lugar a primeira mesa de traballo dentro do proxecto “Coidamos Cedeira”, que porá en marcha un programa de impulso á investigación medioambiental enfocado ao ámbito universitario. Participaron representantes do concello de Cedeira, do Grupo de Acción Local Pesqueiro (GALP) A Mariña Ortegal, da Sociedade Galega de Historia Natural e do Instituto Español de Oceanografía. A posta en valor do medio natural e o fomento do seu coidado son os principais obxectivos deste proxecto dentro das axudas concedidas polo GALP A Mariña – Ortegal o concello de Cedeira.
“Coidamos Cedeira” é un proxecto centrado na conservación dos recursos pesqueiros, marisqueiros e acuícolas, así como na mellora da calidade ambiental da zona costeira, a través dunha serie de accións que se levarán a cabo entre os anos 2024 e 2026.
Unha delas é a posta en marcha dun programa de investigación medioambiental sobre as problemáticas e oportunidades desta zona, co fin de incentivar a realización de estudos de este tipo no territorio. Dentro de esta actividade, tivo lugar hoxe a primeira reunión na que se trataron as distintas problemáticas medioambientais da Vila e as posibles temáticas de investigación a promover. Algúns dos temas centrais foron as especies invasoras de flora, a existencia de novas especies mariñas na zona, a rede de saneamento, entre outros.
A través dos grupos de investigación das facultades proporase o estudo do territorio, invitándoos a visitalo e realizar aquí o traballo de campo para as súas investigacións. Deste xeito, membros dos grupos de investigación e o seu alumnado de interese poderán visitar o territorio para estudar as súas problemáticas ambientais, factores de risco, medidas para o coidado e outros aspectos de utilidade, realizando aquí os seus traballos de investigación.
Durante este ano 2024 levarase a cabo a definición do programa, as temáticas de investigación de interese para o territorio e as condicións para a participación, mediante a realización de unha mesa de traballo entre expertos e representantes municipais.
Este proxecto foi impulsado polo Concello de Cedeira para financiación do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, a través das axudas outorgadas polo GALP A Mariña – Ortegal.