APÚNTATE Á COMPOSTAXE
A compostaxe doméstica é unha iniciativa destinada a persoas residentes en vivendas que dispoñan dunha pequena zona verde (campo, horta ou xardín). É unha forma limpa e sinxela de xestionar os residuos orgánicos (restos de comida, xardinería e horta) xerados nos fogares.
Compostar no só reduce a cantidade de residuos que poderían acabar en vertedoiros; tamén xera compost, un abono natural de alta calidade que mellora a fertilidade dos solos sen ter que recurrir a fertilizantes sintéticos.
Coa intención de seguir ampliando o programa de compostaxe doméstica, o concello en colaboración con Sogama, ten en previsión realizar unha nova entrega de composteiros nos vindeiros meses.
Coas novas incorporacións desta edición acadaranse as 300 familias cedeiresas que participantan neste proxecto iniciado no 2016.
Pódese solicitar a adquisición dun composteiro de xeito presencial no rexistro municipal; ou ben a través da sede electrónica, empregando o modelo de solicitude dispoñible na páxina web do concello.
Pode consultalo na seguinte ligazón: