TALLER “CREACIÓN DE EXPERIENCIAS TURÍSTICAS NO TERRITORIO DO XEOPARQUE CABO ORTEGAL”
No marco do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Proxecto Xeoparque Cabo Ortegal estase a desenvolver no territorio a actuación para mellorar a competitividade do sector e crear experiencias turísticas para promocionar e comercializar. As empresas e entidades participantes nesta actuación formarán parte do Catálogo de Experiencias do Xeoparque Cabo Ortegal como ferramenta promocional e terán prioridade para participar nos encontros de networking nos Xeoparques de Arouca e Villuercas.
INFORMACIÓN RESUMIDA SOBRE O TALLER
📅 Datas: 18 e 19 de xuño de 2025
🏟️ Lugar: Aula do pavillón municipal de Cedeira (A Coruña)
👥 Participantes: Axentes turísticos, produtores locais, guías, aloxamentos e entidades vinculadas ao Xeoparque
🎯 Obxectivo: Capacitar ás empresas no deseño e promoción de experiencias combinadas, sostibles e adaptadas ao territorio, como paso previo á elaboración do Catálogo de experiencias turísticas do Xeoparque.
- Aforo limitado a 25 empresas*
*No caso de que as inscricións superen o aforo permitido aplicaranse criterios de selección sobre a potencialidade turística, o carácter colaborativo e a sostibilidade da iniciativa.
Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR). Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
Descarga programa do taller na seguinte ligazón:
Descarga PDF TALLER “CREACIÓN DE EXPERIENCIAS TURÍSTICAS NO TERRITORIO DO XEOPARQUE CABO ORTEGAL”