SUBVENCIÓN PARA CONTRATACIÓN DUN TÉCNICO DEPORTIVO NO CONCELLO DE CEDEIRA- 2024
Como xa ven sendo habitual ano tras ano, a área de Deportes do concello de Cedeira dispón de Técnic Deportivo no Pavillón Municipal a través da adxudicación dun contrato á empresa Letme Soluciones S.L.
O Técnico Deportivo é encargado das funcións como:
- Difusión de campañas doutras entidades, con xestión das inscricións para participar, como as campañas de esquí da Deputación da Coruña.
-
Colaboración nas actividades organizadas polo Concello, como carreira popular, probas atléticas na semana infantil, carnaval, etc.
-
Planificación da programación deportiva anual.
-
Labores administrativas no polideportivo.
Esta contratación está financiada en parte coa subvención da Deputación da Coruña para contratación ou mantemento de persoal Técnico nos servizos municipais de deporte en 2024