Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Obra “Vicenta Lorca”

This event has ended

Este sábado, día 24 de outubro, ás 20.00h, chega ao Auditorio Municipal de Cedeira a obra “Vicenta Lorca”, da compañía Óscar Cobos.

É unha proposta escénica de pequeno formato inspirada nas cartas que Vicenta lle enviou ao seu fillo, reflectindo o mundo da súa nai e a súa relación co seu fillo Federico. Trátase dunha obra de teatro, danza e música deseñada para tres intérpretes, cada un no seu papel, que, ao longo de 60 minutos, mostran a un Federico a través dos ollos da súa nai, Vicenta, “A muller que máis amo no mundo” – Federico García Lorca.

VICENTA LORCA non é un espectáculo de palabras. É un poema vivo. Unha actriz que encarna a Vicenta, un bailarín que percorre a vida de Federico desde o neno ata o home, e un pianista que é o pulso, o alento. Tres corpos no escenario. Tres linguaxes en diálogo: música, xesto e palabra. É unha viaxe onírica, cheo de imaxes poderosas: nacemento, educación, risos, perda, morte. Non está narrada con lóxica lineal, senón con símbolos que golpean directamente ao corazón. Porque estamos a falar de algo universal: a mirada dunha nai sobre a vida e a morte do seu fillo.
Back to top