Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

SOS CEIP NICOLÁS DO RÍO, CEDEIRA

Onte ás 17 horas tivo lugar unha reunión de CARÁCTER URXENTE convocada pola Anpa Picapeixe e @s representantes das familias do Consello Escolar deste CEIP.

O motivo, a carencia de recursos de apoio ao alumnado NEAE (necesidades específicas de apoio educativo) e NEE (necesidades educativas especiales).

Dende a comunidade país/nais vimos observando neglixencias por parte das autoridades competentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades respecto as necesidades educativas do alumnado do noso centro.

O coñecemento por parte das autoridades da carencia de recursos de apoio ao alumnado NEAE e NEE antes do inicio do curso 24/25 foi denegado e menoscabado por partes das autoridades competentes. Os recursos de apoio cos que conta o noso CEIP non son suficientes. A isto súmase que , despois de comezado o presente curso, incorporouse un novo alumnado NEE, cun grao de dependencia moi elevado e a administración non dotou de persoal PT nin de PAC ( o que se coñece conmumente como Coidadora) para poder atender en condicións tanto ao alumno en cuestión como ao resto de alumnado con NEE, e por conseguinte, ao alumnado en xeral que cursos os seus estudos neste centro.

A esta situación precaria do presente curso, súmase a reducción de 60 horas de atención ao alumnado do profesorado con dispoñibilidade horaria ( debido ás horas de libre disposición, que non foron cubertas coa incorporación doutro mestre), supoñendo isto unha redución de horas de gardas, así coma unha redución na xornada da PT provisional no noso colexio, nin concesión do PROA+ nin o programa Acompaña.

Esta situación vence repetindo dende o curso pasado, pasando de tres coidadoras en febrero á unha e media na actualidade.

A todo o anterior mencionado, súmase o desleixo nos recursos humanos pol afalta de profesorado, xa que o número de docentes viuse reducido neste presente curso. Esta situación está a desboradar á comunidade educativa, ás familias e ás crianzas, tatno a aquelas con NEE coma ás que non teñen ningunha.

As representantes das familias pensan seguir coas movilización ata que as necesidades do colexio sexan atendidas pola Consellería.

Back to top