Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

RECOLLIDA DE RESIDUOS TÉXTILES

Durante o pasado 2024 recolléronse 12. 490 kg de residuos téxtiles no conxunto dos 5 contedores que o Concello ten habilitados para este tipo de recollida selectiva. Coa xestión destes residuos mediante a reutilización e a reciclaxe, evitouse a xeración de 39,58 toneladas de gases de efecto invernadoiro (CO2).

Desde o Concello felicitamos a todas as persoas usuarias, pola súa colaboración neste proxecto solidario, ademáis da súa participación no coidado do medio ambiente e na redución do custe do tratamento de residuos.

Do mesmo xeito, animamos a toda a veciñanza a seguir facendo un uso activo e responsable destes contedores, así coma doutros disponibles para outras fraccións de recollida selectiva, destacando a importancia da implicación cidadá para o éxito destas iniciativas.

Back to top