Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

RESPIRA CEDEIRA. DESEÑO DE PRODUTO TURÍSTICO BASEADO NA RIQUEZA LITORAL

O proxecto “Respira Cedeira” foi impulsado polo Concello de Cedeira para financiación do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, a través das axudas outorgadas polo GALP A Mariña – Ortegal.

Unha das actividades do proxecto “Respira Cedeira” para este ano 2024 é a definición e deseño de 4 rutas tematizadas polo litoral. As rutas preséntanse como unha alternativa de ocio activo para a poboación local e visitante con diferentes perfís. Estas mesturarán a divulgación sobre diferentes temáticas de interese do litoral, a posta en valor dos recursos da contorna e o turismo activo.

Estas rutas xirarán entorno a catro temáticas xerais: a biodiversidade do litoral – centrada na posta en valor da flora e fauna do Concello (ZEC – Costa Ártabra e a Reserva Mariña de Interese Pesqueiro)-, a actividade mariñeira – dando a coñecer os espazos do litoral nos que se leva a cabo a actividade extractiva por parte dos profesionais do mar, zonas produtivas, espazos nos que se traballaba antigamente, zonas emblemáticas da actividade mariñeira, etc, así como detallando os distintos procesos de traballo dalgúns dos colectivos do mar-, concienciación da contaminación -facendo fincapé na dimensión desta problemática e en cómo afecta ao medio e os recursos naturais. Traballarase a concienciación dende un punto de vista creativo, empregando a fotografía como ferramenta para dar visibilidade a este problema nas zonas do concello máis afectadas – e, por último, unha ruta polo patrimonio do mar – para dar a coñecer todo o patrimonio vinculado as nosas costas, construcións, edificios ou espazos que contan unha pequena parte da historia local pasada e presente vinculada ao mar. Un percorrido para entender a importancia dos vestixios do mar.

Back to top