Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

COIDAMOS CEDEIRA. SENSIBILIZACIÓN MEDIOAMBIENTAL ENTRE OS ESCOLARES DE CEDEIRA.

Dentro do proxecto do concello de Cedeira “Coidamos Cedeira” deseñáronse varios obradoiros sobre as problemáticas medioambientais que afectan a esta zona, ademáis de material didáctico complementario. A posta en valor do medio natural e o fomento do seu coidado son os principais obxectivos deste proxecto, dentro das axudas concedidas polo GALP A Mariña – Ortegal ao concello de Cedeira.

“Coidamos Cedeira” é un proxecto centrado na conservación dos recursos pesqueiros, marisqueiros e acuícolas, así como na mellora da calidade ambiental da zona costeira, a través dunha serie de accións que se levarán a cabo entre os anos 2024 e 2026.

Unha delas é a posta en marcha dun programa de investigación medioambiental sobre as problemáticas e oportunidades desta zona, co fin de incentivar a realización de estudos de este tipo no territorio.

A través destes obradoiros búscase concienciar ás novas xeracións sobre a importancia de conservar o medio ambiente, fomentando a valorización do ecosistema mariño e a explotación sostible dos seus recursos, a redución da contaminación derivada do uso do litoral que afecta ao medio mariño e aos recursos pesqueiros, e o aumento da conciencia social polo coidado da contorna.

Este proxecto foi impulsado polo Concello de Cedeira para financiación do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, a través das axudas outorgadas polo GALP A Mariña – Ortegal.

 

Back to top