Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

RESPIRA CEDEIRA. DESCUBRINDO A RIQUEZA DO LITORAL A TRAVÉS DE RUTAS TEMATIZADAS

“Respira Cedeira” baséase na promoción de actividades de natureza para a posta en valor das características diferenciais do territorio litoral. Con este cometido desenvolverase un programa de rutas tematizadas pola costa coas que dar visibilidade e poñer en valor os recursos tanxibles e intanxibles vinculados ao mar. O proxecto desenvolverase no termo municipal de Cedeira, a través da visita aos emprazamentos singulares vinculados á memoria mariñeira. Os principais obxectivos destas actuacións son mellorar a visibilidade do sector pesqueiro e marisqueiro entre as novas xeracións, valorizar o produto local mediante o fomento do seu consumo e a importancia da profesionalización do sector, incentivando así o relevo xeracional.

A través desta proposta levaranse a cabo unha serie de actuacións para a posta en marcha de rutas turísticas, que mesturen a actividade na natureza, a labor de divulgación e a posta en valor dos recursos con distintas temáticas: biodiversidade, actividade mariñeira, concienciación ambiental e patrimonio do mar.

O proxecto “Respira Cedeira” foi impulsado polo Concello de Cedeira, coa financiación do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, a través das axudas outorgadas polo GALP A Mariña – Ortegal.

 

 

Back to top