Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

COIDAMOS CEDEIRA: FOMENTO DA SENSIBILIZACIÓN E INVESTIGACIÓN AMBIENTAL

O proxecto COIDAMOS CEDEIRA ten como finalidade principal a posta en valor do medio natural do litoral de Cedeira e o fomento do seu coidado, mediante a realización de varias actuacións durante os anos 2024-2025-2026. A iniciativa recolle a execución de actividades de divulgación e sensibilización, de promoción e accións para o fomento da investigación e a conservación, dirixidas a diferentes públicos: escolares, estudantes, investigadores universitarios, poboación local, etc.

O proxecto «Coidamos Cedeira» está impulsado polo Concello de Cedeira para financiación do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, a través das axudas outorgadas polo GALP A Mariña – Ortegal.

Back to top