Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO REMATOU AS OBRAS DE RECUPERACIÓN DOS LAVADOIROS DA PENELA E DO PENEIRO

O Concello de Cedeira rematou recentemente as obras de rehabilitación dos lavadoiros da Penela e do Peneiro, situados nas parroquias de San Xulián de Montoxo e San Cosme de Piñeiro, respectivamente. Investíronse 33.834,64€ nestas intervencións e boa parte deste orzamento sufragouse cunha axuda de 20.000€ do programa para a corrección de impactos paisaxísticos da Xunta de Galicia.

O goberno local de Cedeira segue adiante, con estas obras, co plan de recuperación das fontes e lavadoiros do municipio, elementos singulares da arquitectura popular que estaban abandonados pero que tiñan unha grande importancia na vida dos nosos avós como espazos de convivencia. Así, en anos pasado acometéronse tamén as rehabilitacións das fontes da Barca, das Saíñas, Fernando Lago, do Areal, de Vilar e de Vila do Río.

Tanto o lavadoiro de Penela, situado no lugar de Muruxás, en San Xulián de Montoxo, como afonte e lavadoiro do Peneiro, no Beco, en San Cosme de Piñeiro, presentaban unha gravedeterioración. Os traballos, nos dous casos, consistiron na limpeza da vexetación e os paramentos,pavimentos e os propios lavadoiros, que presentaban fendeduras e outros desperfectos.

O lavadoiro do Peneiro tiña un teito de placas de fibrocemento, que se cubriu agora con tella do país, mentres que o do Peneiro contaba cun tellado de formigón e lousa moi deteriorado que tamén foi reparado e cuberto con tella. A obra abrangueu tamén nas dúas fontes o cambio dos caños e a renovación dos morteiros, así como a colocación dun chapado de pedras irregulares do país no chan e parte dos paramentos verticais do seu interior.

Back to top