O CONCELLO PUBLICA UN LISTADO DE PARCELAS AFECTADAS POR ORDES DE EXECUCIÓN
O concello vén de facer pública no BOE unha relación de parcelas suxeitas a ordes de execución (por incumprimento do deber de conservación das parcelas) nos casos que non foi posible practicar a notificación aos titulares catastrais, de xeito individual, como adoita facerse. Así mesmo, o listado inclúe aquelas parcelas cuxa titularidade figura “en investigación” na base de datos catastral.
Co obxectivo de garantir a publicidade e o acceso á información, o listado tamén foi publicado na páxina web oficial do concello e está exposto no taboleiro de anuncios municipal.
Desde o momento seguinte á publicación no BOE, ábrese un prazo de 10 días para que as persoas titulares comparezan e poidan tomar coñecemento do contido da orde de execución correspondente á súa parcela.
O concello lembra a importancia de atender a convocatoria no prazo establecido, co fin de regularizar a situación das parcelas e evitar posibles sancións.
Anuncio BOE nº 133 do 03/06/2025