Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE CEDEIRA SÚMASE AO PROGRAMA ESTATAL PARA ACHEGAR A ADMINISTRACIÓN Á CIDADANÍA DO RURAL

A Xunta de Goberno do Concello de Cedeira aprobou a adhesión do municipio ao convenio establecido entre o Ministerio de Política Territorial e a Federación Española de Municipios e Provincias para achegar a administración xeral do Estado á cidadanía do mundo rural. É un proxecto que se está a poñer en marcha en localidades de menos de 8.000 habitantes e que implica tanto informar á veciñanza de toda a carta de servizos que ofrecen as delegacións e subdelegacións do Goberno como facilitarlle o acceso efectivo a eles e evitarlle desprazamentos.

O proxecto de achegamento da administración ao mundo rural artéllase a través da organización dunhas sesións presenciais, no Concello de Cedeira, nas que se informará a veciños e veciñas sobre os servizos públicos que brinda a administración xeral do Estado. Tamén se porán en marcha os instrumentos e mecanismos necesarios para evitar que a cidadanía teña que desplazarse ás delegacións ou subdelegacións do Goberno para realizar xestións, facilitando a tramitación da súa sinatura dixital e formando a empleados públicos para que poidan asistirlles convenientemente.

Back to top