Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE CEDEIRA REPARTIU Á VECIÑANZA MÁIS DE 300 COMPOSTEIROS NOS ÚLTIMOS DEZ ANOS

O Concello de Cedeira recorda que ten aberta a campaña de promoción da compostaxe doméstica, un programa que neste 2026 cumpre dez anos e que se traduciu xa na entrega de 325 composteiros a fogares da localidade. Quen queira contar cun destes depósitos pode formalizar a súa solicitude e recibilo de balde.

Os composteiros son de utilidade para persoas que dispoñen de horta, xardín ou un espazo verde. Xunto co depósito, quen se sume á compostaxe recibirá do Concello formación específica para levar adiante o proceso de compostaxe nos seus fogares, xerando un abono natural de alta calidade co que pecharán o ciclo da materia orgánica.

Desde o Concello de Cedeira animan á veciñanza a sumarse á proposta, dado que a súa implicación é clave para avanzar cara un modelo de xestión de residuos máis eficiente e respectuoso co medio ambiente, na liña das políticas municipais de sustentabilidade e economía circular.

Link do formulario:
https://www.cedeira.gal/wp-content/uploads/2025/11/Formulario-solicitude_entrega-composteiro-SOGAMA.pdf

Back to top