«Nexos», da Cía. Exire, no III Festival Internacional Cedeira Escénicas «Dende a nada»
-
Date
11 de Outubro de 2026
-
Time
18:00
O 11 de outubro, ás 18:00 horas, a Praza Roxa de Cedeira (entrada da Sala Áncora) acollerá a representación de «Nexos», da Cía. Exire, dentro do III Festival Internacional Cedeira Escénicas «Dende a nada».
«Nexos» desvélanos a complicidade que existe entre dúas persoas, as súas memorias compartidas e a busca incesante desa lembranza que as sostén no tempo. É un percorrido polos momentos que quedaron gravados no noso corpo e que deixan ver dous seres reais, imperfectos, peculiares, fermosos… Soltamos o peso da mirada dos outros e recoñecémonos para amosar o que escollemos ser. Á fin e ao cabo, trátase de desfrutar de ser un mesmo, a única persoa coa que se está obrigado a vivir.
A peza, para todos os públicos e cunha duración de 18 minutos, recibiu o premio á «Mellor coreografía» da Plataforma Diálogos Contemporáneos no 18 Festival DZM de Cáceres.