«Diz-me, meu amor», de Raquel Ferradás e María de Vicente, no III Festival Internacional Cedeira Escénicas «Dende a nada»
-
Date
16 de Outubro de 2026
-
Time
20:00
O 16 de outubro, ás 20:00 horas, a Praza da Marieta de Cedeira acollerá a representación de «Diz-me, meu amor», de Raquel Ferradás e María de Vicente, dentro do III Festival Internacional Cedeira Escénicas «Dende a nada».
Esta peza é unha homenaxe a todas as formas de amor entre mulleres que se escollen, apoian e celebran mutuamente en liberdade. Un acto de celebración dos lazos que curan, do amor que non esixe, que acompaña, que eleva.
Nun espazo onde o corpo se converte en linguaxe, dúas mulleres atópanse, recoñécense e abrázanse en movemento. A través de xestos sostidos, miradas cruzadas e pasos entrelazados, as intérpretes constrúen un espazo íntimo e poderoso onde o afecto se manifesta en cada apoio mutuo.
A peza é para todos os públicos e ten unha duración de 15 minutos.