Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE CEDEIRA RENOVA O CHAN DE MADEIRA DO ESCENARIO DO AUDITORIO MUNICIPAL

O Concello de Cedeira inviste a través da Concellería de Cultura preto de 8.000€ -exactamente 7.973,90€- na obra de renovación do chan do escenario do Auditorio Municipal, que está a executar a empresa local Muebles e Carpintería García. O goberno municipal viu a necesidade de acometer esta actuación, dado o desgaste do solo polo intenso uso que soporta este espazo ao longo de todo o ano.

O Auditorio Municipal é un dos principais centros da vida cultural de Cedeira e acolle de maneira habitual actividades das asociacións, festivais, obras de teatro, concertos, cine, presentacións de libros, espectáculos para todos os públicos e mesmo un festival de ópera cada verán. Unha actividade constante que, inevitablemente, provoca o desgaste das instalacións.

A previsión é que os traballos estean rematados durante o mes de outubro, permitindo afrontar en boas condicións unha nova tempada cultural na vila e seguir ofrecendo ás asociacións e á veciñanza un espazo adecuado para desenvolver e gozar da cultura.

Back to top