Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

VII Concurso «Tapas de Outono» 2026

Cedeira acollerá os días 13, 14 e 15 de novembro o VII Concurso Tapas de Outono.

Cada local participante ofrecerá unha tapa elaborada expresamente para o concurso, con ingredientes propios do outono. As tapas terán un prezo de 3 €.

O concurso desenvolverase:

  • Venres 13: pola noite.
  • Sábado 14: ao mediodía e pola noite.
  • Domingo 15: ao mediodía.

As persoas que desexen participar como xurado deberán probar polo menos a metade das tapas participantes e cubrir a súa tarxeta de votación, que deberá estar selada e asinada nos establecementos correspondentes.

Entre as tarxetas participantes sortearase unha cea para dúas persoas no local que resulte gañador.

O horario mínimo será de 12:30 a 14:30 horas ao mediodía e de 20:00 a 22:30 horas pola noite.

As persoas interesadas en participar como establecementos poden enviar un WhatsApp ao 697 479 710 antes do 14 de outubro, ou un correo electrónico a ana.lopez@cedeira.gal

Back to top