O CONCELLO DE CEDEIRA ADXUDICA 60.000€ EN AXUDAS ENTRE 24 ENTIDADES DO EIDO SOCIOCULTURAL
A Xunta de Goberno do Concello de Cedeira aprobou xa as axudas deste ano para asociacións do eido sociocultural. Esgotáronse, por concorrencia competitiva segundo uns criterios obxectivos, os 60.000€ cos que a administración local dota este programa. Un total de 45.000€ foron repártense entre 24 entidades, e 14 delas levaron tamén fondos do capítulo para investimentos, no que se distribúen os restantes 15.000€. En breve o Concello aprobará tamén as axudas para clubes deportivos, ás que se destinan outros 60.000€.
As asociacións beneficiarias das axudas para entidades socioculturais son as seguintes. Indícase en primeiro lugar a cantidade adxudicada para actividades e en segundo lugar, no seu caso, a que vai para investimentos.
-AVV de Porto do Cabo: 1.803,29€
-Sociedade Artística Eixil: 2.003,66€ + 1.049,48€
-Sociedad Cultural Virxe do Mar: 2.384,35€
-As Aturuxeiras: 1.803,29€ + 944,53€
-Asociación Cultural Discalzos polo Festival:1.903,48€ + 997€
-Asociación Brincadeira Cedeira: 2.083,81€
-AVV de Cervo Tarroiba: 2.204,03€ + 1.154,42€
-Asociación de Amigos do Corpus de Cedeira: 700€
-Asociación de Axuda Social Cedeira en Pé: 1.703,11€
-Mulleres da Vila de Cedeira: 2.544,65€ + 1.332,83€
-Asociación Maiores de Cedeira: 2.003,66€
-Asociación Cultural Rondalla Cedeira: 2.163,95€ + 1.000€
-Arelar Asociación Diversidade Funcional: 1.100€ + 629,69€
-AVV Santa María de Régoa: 2.945,38€ + 1.542,73€
-Asociación Mestas: 1.339,66€
-Asoc. Patchwork: 1.823,33€
-AVV San Xulián de Montoxo: 2.043,73€ + 1.070,46€
-AVV da Parroquia de Piñeiro: 1.963,59€
-AVV Amigos de San Román: 2.264,13€ + 1.185,91€
-Asociación Cultural Buxainas: 2.003,66€ + 1.049,48€
-Asociación Cedeirart: 1.602,93€ + 839,58€
-Asociación de Acordeóns de Cedeira: 2.204,03€ + 1.154,42€
-Asociación de Veciños Progreso de Esteiro: 2.003,66€ + 1.049,48€
-Asociación Lugares Comúns: 404,63€
O Concello de Cedeira incrementou desde o ano 2023 os fondos destinados ás convocatorias de concorrencia competitiva para entidades do ámbito sociocultural e para os clubes deportivos. Cada unha delas pasaron a estar dotadas con 60.000€ -un 66€ de incremento sobre os 36.000€ de anos anteriores-, sempre cunha parte para actividades e outra para realizar investimentos. Este ano, o goberno municipal organizou unha sesión para facilitar a tramitación das axudas. No caso de convocatoria do eido sociocultural, con 24 asociacións beneficiarias, este é un dos anos con máis entidades beneficiarias.