Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

INSTALADA A SINALIZACIÓN INTERPRETATIVA DA ANTIGA FÁBRICA DE SALGADURA PRÓXIMA Á PRAZA DA REVOLTA

O Concello de Cedeira vén de instalar un panel informativo xunto aos restos da antiga fábrica de salgadura recentemente escavados e postos á luz ao pé da praia da Madalena, á altura da praza da Constitución. Este novo elemento facilita a interpretación dos restos, explicando a importancia que tivo na localidade esta actividade, que marcou durante moitos anos o desenvolvemento económico e social da vila e que contribúe a explicar o sabor mariñeiro que Cedeira conserva e respira dende sempre.

Con esta actuación, o grupo de goberno municipal continúa a avanzar na posta en valor do patrimonio histórico e industrial do municipio, facilitando o acceso á información e contribuíndo á divulgación dun legado que forma parte da identidade cedeiresa e da súa estreita relación co mar.

A mesa informativa recorda que na praia da Madalena chegou a ter ata sete fábricas de salgadura e ofrece unha recreación do seu interior, no que estaban as pías nas que se depositaba o peixe e o sal.

Back to top