ÉXITO DAS VISITAS COMENTADAS AO CASTRO SARRIDAL
Ata o vindeiro 15 de agosto se está a desenvolver a nova campaña de escavacións no xacemento arqueolóxico de Sarridal, desta volta financiada pola Dirección Xeral de Patrimonio de la Xunta de Galicia. Durante o desenvolvemento dos traballos, que está a levar a cabo o equipo de Axa Arqueoloxía, se están a desenvolver varias visitas comentadas cunha destacada afluencia de público. O vindeiro sábado 22 de agosto, ás 12.30h, terá lugar a última. Como nas anteriores, non será precisa inscrición previa.
Os traballos actuais de escavación e consolidación, despois de que en xullo pasado rematara unha campaña anterior custeada polo Concello, desenvólvense na zona exterior de alimentación do monumento con forno, e tamén no terreo próximo ao paramento interior da muralla. O castro de Sarridal é un xacemento da Idade de Ferro, inaccesible desde o mar e protexido por terra por dúas murallas cos seus respectivos foxos. As sucesivas campañas que se levaron a cabo desde hai case dez anos confirmaron que o enclave estivo habitado nun longo periodo de tempo, alomenos desde o século IV a.C. ata o III d.C.
Xunto coas visitas de grupos, que tiveron lugar os días 23 e 30 de xullo e este pasado xoves 6 de agosto, o xacemento castrexo foi visitado tamén o martes pola delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, que acudiu acompañada polo alcalde, Pablo Diego Moreda Gil, e por outros representantes municipais.
Cómpre recordar que o Concello de Cedeira tramitou con éxito unha axuda da Deputación da Coruña para construír unha ponte de madeira sobre parte dos restos escavados. A estrutura facilitará o paso peonil polo trazado do camiño que cruza pola zona, ao tempo que permite manter á vista as estruturas castrexas. A actuación está orzamentada en 42.295,64€, dos que 33.837€ virán da dita subvención. Os restantes 8.459,64€ os financiará o Concello.