ELEFANTE ELEGANTE LEVA A CEDEIRA O SEU ESPECTÁCULO “KYOKI” PARA O PÚBLICO INFANTIL E FAMILIAR
A compañía Elefante Elegante ofrecerá no Auditorio de Cedeira, este sábado, o seu espectáculo “Kyoki” para o público infantil e familiar. É unha peza que trata sobre o esquecemento, a vellez e a soidade, na que a actriz María Torres interpreta os tres personaxes: a avoa, a filla e a doutora. A función será ás 19.00h e as entradas, ao prezo de 2,5€, poderán comprarse na billeteira desde unha hora antes.
“Kyoki” significa demencia en xaponés e refírese á perda da capacidade para recordar que a miudo sofren as persoas maiores. A través dunha linguaxe xestual fundamentada na manipulación de obxectos e na interacción constante co dispositivo escénico, o espectáculo crea un universo cómico e poético que viaxe desde o realismo ata a hipérbole da vida cotiá.
A peza é unha creación de María Torres e Gonzalo Guerreiro, os fundadores de Elefante Elegante. A compañía naceu no ano 2000 e residiu nos seus primeiros anos en Bélxica, ata instalarse en Galicia en 2007.