Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Acto institucional con motivo do 25N

Concello de Cedeira programa para o vindeiro sábado o acto institucional con motivo do 25N, o Día Internacional de Eliminación da Violencia contra a Muller, que celebrará ás 18.30h no Auditorio Municipal. O acto comezará coa lectura dun manifesto no que se condenarán todas as formas de violencia machista, se recordará ás vítimas e aos seus fillas e fillos e se poñerá o foco na mocidade, nas violencias dixitais e sexuais, rexeitando os discursos que tratan de minimizar o problema.

Representantes da Asociación O Beco, de nais e pais de alumnado do IES Punta Candieira, encargaranse da lectura do manifesto institucional. A continuación, a artista escénica Simone Jenkinson ofrecerá unha performance titulada “O Camiño” e a cita rematará cunha actuación musical a cargo da pianista cedeiresa Clara Bellas.

Back to top