COIDADO DAS COLONIAS FELINAS
O Concello de Cedeira leva dende o 2018 encargándose, en colaboración coa asociación ABAC, da xestión das colonias felinas existentes no municipio.
Cóntase cun censo de colonias controladas, ás cales se lles aplicou o método CER (captura, esterilización e retorno) co fin de levar a cabo o control poboacional dos gatos comunitarios. Ademáis de efectuar labores de alimentación coordinadas, en horario, nas zonas e por persoas habilitadas para tal fin.
Esta xestión continúa a facerse coas novas colonias que van aparecendo, de cara ao cumprimento do artigo 39 da Lei 7/2023, de 28 de marzo, de protección dos dereitos e o benestar dos animais.
Polo que queremos recordar á veciñanza que, actos que ás veces se realizan de boa fé, como a alimentación libre na vía pública, a animais que puideran parecer en estado de abandono ou sen propietario, constitúen unha mala praxe de cara ás condicións de salubridade para todos e todas, ademáis de constituír unha acción sancionable.
No caso de querer colaborar no coidado das colonias felinas controladas, recomendamos ás persoas interesadas que se poñan en contacto coa asociación ABAC, a través das súas redes sociais (Facebook e Instagram), onde serán informadas dos termos de colaboración.