Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

CEDEIRA MAR DE VIDA. PROMOCIÓN DO PRODUTO MARIÑEIRO E HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES

A promoción de hábitos de vida saúdables a través do consumo de produtos locais e alimentos de proximidade é o principal obxectivo deste proxecto dentro das axudas concedidas polo GALP A Mariña – Ortegal o concello de Cedeira.

“Cedeira, mar de vida” é un proxecto que pon o foco na pesca local e no fomento da actividade física, en combinación cunha alimentación saudable, a través dunha serie de accións que se levarán a cabo entre o ano 2024 e 2026.

A iniciativa recolle diferentes actividades orientadas ao fomento do consumo e elaboración de produto pesqueiro local entre diferentes xeracións; a potenciar a alimentación saudable dos nenos e nenas, a promover o envellecemento activo e á implicación da hostalaría-restauración local no desenvolvemento de diferentes actividades.
A través da iniciativa favoreceranse as colaboracións entre os diferentes sectores locais: pesqueiro, hostaleiro, educativo, administracións públicas, etc. Traballarase conxuntamente na posta en valor dos produtos locais, os recursos naturais e ás actividades vinculadas aos mesmos, a partir da promoción de hábitos de vida saudables.

As principais actuacións que se levarán a cabo en estes 3 anos xirarán entorno á promoción de hábitos de vida saudables, a través da realización de obradoiros con escolares da Vila, a elaboración de material didáctico, a organización dun certame escolar e o deseño e guiado de rutas para a posta en valor do territorio, en relación a hábitos de vida saúdables.

Deste xeito o proxecto “CEDEIRA – MAR DE VIDA” permite non só poñer en valor o produto local pesqueiro, senón inculcar tamén ás novas xeracións hábitos de vida máis saudables, a través de receitas baseadas en produtos de KM0 e da promoción da actividade física, que ademais poderán transmitir dentro da súa familia, engadindo un valor multiplicador ao proxecto entre xeracións.

O proxecto «CEDEIRA MAR DE VIDA: Promoción do produto mariñeiro como fonte de saúde e hábitos de vida saudable” foi impulsado polo Concello de Cedeira para financiación do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, a través das axudas outorgadas polo GALP A Mariña – Ortegal.

 

Back to top