Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

CAMPAÑA DE INVERNO 2024 DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Do 24 ao 27 de xaneiro de 2025

PRAZO INSCRICIÓN: DO 08/11/2024 AO 02/12/2024
Lugar preinscrición: Rexistro xeral do Concello de Cedeira

LUGAR
Valgrande-Pajares (Asturias)
ALOXAMENTO
Albergues a pé de pista na Estación invernal de Valgrande-Pajares.
DURACIÓN
De venres a luns.
SAÍDA
Venres pola mañá, nos puntos de recollida, que se publicarán no portal da Deputación da Coruña.
REGRESO
Luns, despois do almorzo.
DESTINATARIOS
Rapazada empadroada no concello de Cedeira, de 11 a 15 anos inclusive, cumpridos a 31 de decembro de 2024. Terá preferencia a rapazada que non realizase ningunha campaña de neve da Deputación.
COTA DE INSCRICIÓN
85 € (oitenta e cinco euros). Será ingresada na conta bancaria que se publicará no portal da Deputación da Coruña, facendo constar o nome da participante, Concello e “Campaña de neve 2025”.
INCLÚE
Transporte, estadía e manutención na estación invernal de Valgrande-Pajares, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

Ficha de inscrición

Back to top