CAMPAMENTO URBANO DE VERÁN 2026
O Concello de Cedeira organiza o Campamento Urbano de Verán 2026, unha iniciativa destinada a favorecer a conciliación familiar durante os meses de verán e ofrecer ás crianzas un espazo de lecer e convivencia.
Do 29 de xuño ao 28 de agosto (exceptuando festivos)
Dirixido a nenas e nenos nacidxs entre os anos 2014 e 2022, ambos incluídos.
Lugar: CEIP Nicolás del Río
Horario: de luns a venres, de 09.00 h a 14.00 h
As inscricións poderán realizarse por semanas, quincenas ou meses completos.
Inscrición:
- En liña, a través da sede electrónica do concello
- *Presencialmente, no rexistro municipal
O prazo de presentación será de 10 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación das bases no taboleiro de anuncios dixital.
As prazas cubriranse en función da dispoñibilidade existente.
Pódese consultar as bases na seguinte ligazón:
https://sede.cedeira.gal/sxc/export/sites/cedeira/recursos/downloads/Tablon/2026/ANUNCIO_PROG_20260507133000121_ANEXO_1778153400-0.pdf