Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA CONCEDE A CEDEIRA UNHA AXUDA DE 46.000€ PARA FACER CATRO CONTRATACIÓNS

A Deputación Provincial da Coruña vén de resolver a convocatoria de axudas do programa PEL-Concellos 2025 coa concesión de 46.000€ ao Concello de Cedeira para a creación de catro empregos. O programa beneficiará a persoas desempregadas, prestando especial atención a colectivos vulnerables.

A intención do goberno local de Cedeira é destinar a axuda a cubrir máis do 90% do custo de contratar a catro persoas a xornada completa e durante seis meses. Serán tres empregos de peón e un de limpador/a. O importe laboral total será de 50.223,42€.

Back to top