Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE CEDEIRA PUBLICA UN NOVO BOLETÍN AS7PARROQUIAS COAS NOVAS DO TRABALLO MUNICIPAL

O Concello de Cedeira publica un novo número, o 33, do seu boletín de información municipal As7Parroquias, co máis destacado da actividade dos últimos meses e co programa de Festas da Patroa, que comeza o vindeiro martes 11 coa lectura do pregón. A contraportada desta edición está protagonizada por Arelar, unha nova asociación que xurde na localidade para prestar servizo a persoas con diversidade funcional ou dependentes e ás súas familias e que ten a aspiración de chegar a contar cun vehículo adaptado e facilitar os desprazamentos.
O boletín adica dúas páxinas ás Festas da Patroa e apunta tamén algunhas citas que xa están confirmadas para o que resta de campaña estival despois da xira de San Antón de Corveiro. É o caso dunha nova edición da Festa do Porco, que vai ser os días 22 e 23 de agosto, o Festival de Buxainas, o 29, e o certame de Pintura Rápida, que será o día 30 e que, este ano, vai ser a primeira edición especial adicada ás parroquias, concretamente neste ocasión á de Cervo.

A revista dá conta dos novos investimentos e equipamentos do Concello para o turismo activo, concretamente a nova escola de escalada e o parque de aventura Senda Park, que xunto coa vía ferrata Senda do Santo configuran unha oferta singular e única no noroeste peninsular. Tamén está neste número de As7Parroquias o proxecto para construír o futuro Centro Municipal de Remo na zona portuaria, que o goberno municipal quere convertir nun Núcleo de Adestramento Especializado.

Os paseos e rutas guiadas que se están a desenvolver durante o verán, así como as novas campañas de escavación no castro Sarridal están tamén neste número, así como a decisión do pleno da corporación de nomear filla predilecta a “Nisa” López Amado e o proxecto de mellora que vai acometer Apader no seu centro asistencial, para o que o alcalde de Cedeira, Pablo Diego Moreda Gil, xestionou unha importante axuda da Deputación Provincial, están tamén neste exemplar do boletín informativo.

O boletín está dispoñible para descarga na web do Concello – https://www.cedeira.gal/boletins-as-7-parroquias/– e tamén se está a distribuír, impreso, por locais vecinais e sociais da localidade.

Back to top