Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O PASEO DA MARIÑA DE CEDEIRA ACOLLE A PARTIR DO MARTES A MOSTRA DE FOTOGRAFÍA “THE COMEDY WILDLIFE”

O paseo da Mariña de Cedeira acollerá a partir do vindeiro martes, e ata o 22 de xuño, unha exposición de rúa cunha escolma das mellores fotografías de natureza presentadas ao concurso internacional The Comedy Wildlife Photography Awards. Son instantáneas que atrapan momentos divertidos de animais e cuxo obxetivo é espertar un sorriso e sensibilizar sobre a conservación. É unha mostra itinerante impulsada por Afundación, a obra social de Abanca.

O concurso internacional The Comedy Wildlife naceu no ano 2015 por iniciativa de dous experimentados fotógrafos de natureza, Paul Joynson Hicks e Tom Sullam. A idea foi promover a conservación poñendo o foco no lado máis divertido da fauna salvaxe, en lugar de apelar a imaxes deprimentes ou catastróficas. A mostra que chega a Cedeira reúne as fotografías máis destacadas das edicións do concurso do ano 2015 a 2022.

Back to top