UN TOTAL DE 26 ASOCIACIÓNS CULTURAIS E DEPORTIVAS DE CEDEIRA ADXUDÍCANSE 120.000€ DE AXUDAS MUNICIPAIS
A Xunta de Goberno do Concello de Cedeira acaba de aprobar a adxudicación das axudas para entidades socioculturais, por un lado, e deportivas por outro. Un ano máis distribúense 120.000€ de fondos municipais en total, 60.000€ en cada unha das dúas convocatorias, repartidos á súa vez entre entre o apartado de actividades (45.000€) e o de investimentos (15.000€). Nos dous casos repártese o diñeiro por concorrencia competitiva e aplicando unha serie de criterios obxectivos.
No eido cultural reciben a subvención 17 asociacións no capítulo de actividades e 13 delas tamén no de investimentos. Os fondos para actividades suman 45.000€ para gastos, contratacións, desprazamentos… e outros conceptos que forman parte do funcionamento das entidades. Os restantes 15.000€ van a investimentos e teñen que gastarse na compra dalgún ben inventariable.
As entidades culturais beneficiarias no apartado de actividades son a Asociación de Amas de Casa (2.911,34€), as entidades veciñais de San Román (3.164,49€), Cervo Tarroiba (3.037,92€), Piñeiro (3.012,60€), Santa María de Régoa (3.000€) e San Xulián de Montoxo (2.720€), a Rondalla de Cedeira (2.342,06€), As Aturuxeiras (2.329,07€), Sociedade Artística Eixil (3.392,34€), Virxe do Mar (2.220€), Cedeira en Pé (2.151,86€), Patchwork (2.784,76€), a Asociación de Maiores (2.810,07€), Buxainas (3.240,44€), Discaz@s polo Festival (2.658,18€), Lugares Comúns (566,70€) e Asociación de Acordeóns (2.658,17€).
No capítulo de investimentos reciben tamén fondos as asociacións de Amas de Casa (1.387,25€), San Román (1.507,88€), Cervo Tarroiba (1.447,56€), Piñeiro (900€), Santa María de Régoa (1.519,94€) e San Xulián de Montoxo (1.326,93€), a Rondalla (1.254,56€), As Aturuxeiras (300€), Eixil (1.616,45€), Cedeira en Pé (1.025,36€), Buxainas (1.544,07€), Lugares Comúns (670€) e a de Acordeóns (500€).
En canto ao ámbito deportivo, son nove as entidades que resultaron beneficiarias da convocatoria deste ano, que igualmente destina 45.000€ a actividades e 15.000€ a investimentos. No primeiro capíbulo obtiveron subvención os clubes Remo Cedeira (6.117,65€), Tenis Club (5.111,46€), Cedeira SD (7.687,31€), Basket Club (4.990,71€), Club Natación (6.198,14€), Sociedade de Caza e Pesca (4.950,46€), Discalzas SD (3.500€), Club de Baile Street Dance (3.944,27€) e Club de Buceo (2.500€).
No apartado de investimentos obtiveron fondos oito entidades: Club Remo Cedeira (566,44€), Cedeira SD (3.600€), Basket Club (2.576,96€), Club Natación (3.200,42€), Sociedade de Caza e Pesca (2.556,18€), Discalzas SD (500€), Club de Baile Street Dance (1.500€) e Club de Buceo Cedeira (500€).
Os fondos reservados nos orzamentos municipais para estas convocatorias de axudas tivo xa no ano 2023 un incremento moi importante, do 66%, respecto ao exercicio anterior. Desde aquela pasaron de destinarse 36.000€ a cada un dos ámbitos, o cultural e o deportivo, aos actuais 60.000€. O aumento do orzamento, recordou o alcalde, Pablo Diego Moreda Gil, resposta á vontade do goberno local de recoñecer e apoiar ao tecido asociativo local, importantísimo na dinamización da vida social, cultural e deportiva da localidade.