Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

TÉCNICO DEPORTIVO NO PAVILLÓN MUNICIPAL

Como ven sendo habitual, a área de Deportes do Concello de Cedeira dispón de Técnico Deportivo no Pavillón municipal a través da adxudicación dun contrato á empresa Letme Soluciones SL

A Técnica Deportiva te as seguintes funcións, entre outras:
  • Difusión de campañas doutras entidades, xestión das inscripcións para participar
  • Colaboración nas actividades organizadas polo concello, como carreira popular, probas atléticas na semana infantil, carnaval, etc.
  • Planificación da programación deportiva anual do concello
  • Labores administrativas
Esta contratación está financiada, en parte, coa subvención concedida pola Deputación para financiar gastos de persoal técnico nos servizos municipais de deporte en 2025.
Back to top