Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

PUBLICADAS AS BASES DO X CERTAME DE PINTURA RÁPIDA VILA DE CEDEIRA

Data de celebración: 25 de agosto de 2024, as inscricións realizaránse o mesmo día do certame de 9.00h. a 11.00h. no posto de turismo e información situado na rúa Ezequiel López e serán gratuítas.

O estilo e a técnica serán libres, a súa temática xirará en torno á paisaxe, e o espazo físico no que se realicen debe ser no entorno que abrangue o paseo marítimo, a praia da Madalena, o paseo da Mariña, zona do río Condomiñas, praia da Area Longa, casco vello e Porto de Cedeira. A execución será directa, diante do motivo ou do modelo natural, non poidendo utilizarse para tal fin fotografías tomadas con antelación.
Os/as pintores/as deberán mandar vía whatsapp ao número 649876614 a localización do lugar onde vaian realizar a súa obra.

Os premios, que estarán suxeitos á retención fiscal establecida, serán:

1º. – 900€ e diploma.

2º. – 700€ e diploma.

3º. – 500€ e diploma.

4 accésits de 100 € cada un.

Pódese descargar as bases na seguinte ligazón:

Descarga PDF Bases do certame de pintura rápida Vila de Cedeira 2024

Back to top