Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE CEDEIRA PUBLICA UN NOVO NÚMERO DO BOLETÍN “AS7PARROQUIAS” CO PROGRAMA DE FESTAS

O Concello de Cedeira publica hoxe un novo número do boletín informativo As7Parroquias. A publicación sae ás portas das Festas da Patroa, ás que adica dúas páxinas co detalle de toda a programación que se vai desenvolver desde este sábado, día 10, ata o 17, xunto coa referencia das citas festivas e culturais máis importantes que quedarán todavía por diante neste mes de agosto, entre as que está o festival Jazz de Ría e o certame de pintura rápida.
O número 27 de As7Parroquias se vai distribuír estes días pola localidade e está tamén disponible para a súa descarga na web do Concello. A publicación ten oito páxinas nas que se informa da actualidade do traballo municipal. As últimas obras e licitacións de melloras en camiños, o proxecto de mellora de dúas fontes, o remate do novo céspede artificial do campo de fútbol do Beco están, entre outras intervencións, neste boletín.

Infórmase tamén sobre os cursos promovidos polo Concello para favorecer a inserción laboral de desempregados, das rutas guiadas e outras actividades turísticas impulsadas polo goberno municipal da man de empresas locais, e da xestión dos Orzamentos Participativos, que segundo decidiu este ano a mocidade van destinados a un programa de actividades moi variado.

A licitación da obra de rexeneración da praia da Madalena por parte do Ministerio para a Transición Ecolóxica ocupa un papel destacado no boletín, que desta volta adica a súa contraportada ás voluntarias do Punto Lila.

Pode consultarse o boletín na seguinte ligazón:

Descarga 7 parroquias

Back to top