Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A DEPUTACIÓN INVISTE MÁIS DE 203.000€ NA MELLORA DE DOUS VIAIS PROVINCIAIS NO TERMO DE CEDEIRA

A Deputación Provincial da Coruña vén de sacar a licitación obras de mellora nas estradas DP-2204, de Cedeira a Chímparra, e na DP-2206, que conecta As Pontigas coa carretera a San Andrés de Teixido. A actuación ten un orzamento de partida de 203.448,42€ e contribuirán a reforzar a seguridade da circulación rodada nestes viais.

As obras realizaranse desde o punto quilométrico 1+390 ao 2+495 da estrada provincial DP-2204, así como nos 320 primeiros metros da 2206 e consistirán no estendido dunha capa de mestura bituminosa en quente a todo o ancho da calzada e nas beiravías, abrindo cunetas en tramos necesarios e colocando barreiras de seguridade.

O prazo de presentación de ofertas está aberto ata o 3 de novembro.

Back to top