Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

CONSULTA DO CENSO ELECTORAL E RECLAMACIÓNS

PRAZO: Do 12 ao 19 de outubro do 2026 de 9:00 a 14:00 horas

Ante a convocatoria de eleccións para o día 29 de novembro de 2026, e en cumprimento da Lei Orgánica 5/1985 do Réxime Electoral Xeral, de 19 de xuño, o Concello de Cedeira manterá un servizo de consulta do Censo Electoral e permanecerá exposta ao público a relación de Mesas e Colexios Electorais deste Municipio.

A consulta do Censo Electoral levarase a cabo de forma presencial, polo propio/a interesado/a, acreditándose mediante DNI, pasaporte, ou permiso de conducir no que apareza a fotografía do/a titular. Non obstante, poderá exercer o seu dereito á consulta a través dos teléfonos da Oficina do Censo Electoral: 981 21 74 39, 981 21 74 26, 900 34 32 32

Advírtese da conveniencia de consultar as listas electorais por aquelas persoas que cumpriron recentemente 18 anos de idade, así como os que cambiaron de enderezo nos últimos meses. Dentro do prazo indicado calquera persoa poderá formular reclamacións sobre os seus datos censais.

As reclamacións poderán presentarse directamente na Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral ou a través deste Concello, onde tamén se lles facilitarán os correspondentes impresos de reclamacións.
Back to top