Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

EN MARCHA AS OBRAS DE SANEAMENTO DA RÚA MOECHE

O goberno local de Cedeira informa de que xa deron comezo as obras de saneamento na rúa Moeche, situada no casco urbano. É unha actuación contratada por 88.809€, coa que o Concello quere acabar cos problemas que rexistraban as vellas canalizacións neste vial en momentos de choivas intensas, ao tempo que se avanza un paso máis na implantación da rede separativa no municipio.

A obra conta con financiación do Fondo de Compensación Ambiental, que ten Cedeira por acoller no seu territorio muíños e demáis instalacións de enerxía eólica. A rúa Moeche contaba ata o de agora cunha rede unitaria de sumidoiros, onde se conectaban tanto as augas residuais dos edificios como as pluviais recollidas polas baixantes dos mesmos e polos sumidoiros. Á mesma rede está conectada tamén parte da recollida de augas pluviais de rúas perpendiculares.

A actuación, que ten un prazo de execución de dous meses, consistirá na instalación dun novo sistema de saneamento con recollida separada para as augas residuais e as pluviais, conectando todas as baixantes da auga de choiva que ata o de agora vertían directamente ás beirarrúas. Reporanse os firmes e as beirarrúas.

Back to top