O CONCELLO DE CEDEIRA ORGANIZA CURSOS DE GALEGO PARA PERSOAS QUE QUEIRAN PREPARAR AS PROBAS DO CELGA
O Concello de Cedeira organiza un curso de galego orientado a persoas que queiran prepararse para pasar as probas oficiais convocadas pola Secretaría Xeral da Lingua, da Xunta de Galicia, e obter o título Celga. É un programa gratuíto e desde o goberno local pretenden que a formación sexa un apoio para persoas que non contan coa certificación da lingua galega e poidan precisala para o emprego.
Organizaranse dous grupos, segundo os diferentes niveis de preparación do alumnado, e as clases serán nas tardes dos mércores no segundo andar do Auditorio Municipal, un de 17.00 a 19.00h e outro de 19.00 a 20.00h.
A previsión é que as clases dean comezo a mediados de outubro. Os cursos están dirixidos a maiores de 16 anos e as persoas interesadas poden realizar xa a súa inscrición, enviando un correo electrónico a noel.lopez@cedeira.gal ou enviando un whatsapp ao número de teléfono 697 479 710.