O CONCELLO DE CEDEIRA REPARTE UN ANO MÁIS 60.000€ EN AXUDAS ENTRE OS CLUBS DEPORTIVOS DO MUNICIPIO
A Xunta de Goberno do Concello de Cedeira aprobou a concesión de axudas para asociacións e clubs deportivos. Repartíronse 60.000€, a mesma cantidade que nas entidades do eido sociocultural, a través de diferentes capítulos para actividades e investimentos. A contía repártese polo sistema de concorrencia competitiva, empregando criterios e puntuacións obxectivas, a dez entidades no apartado de actividades e oito delas tamén terán axudas no de investimentos.
Os clubs que obteñen axuda son os seguintes -indícanse de maneira desagregada a cantidade para actividades e para investir en bens inventariables-:
-Club de Remo Cedeira: 6.497,60€ + 2.624,06€
-Club Natación Cedeira: 5.158,86€ + 2.083,91€
-Club de Buceo Cedeira: 2.475€ + 905€
-Cedeira Basket Club: 4.433,65€ + 1.790,69€
-Cedeira Tenis Club: 4.586,54€ + 1.852,28€
-Cedeira SD: 5.733,17€ + 2.315,35
-Club de Baile Street Dance: 4.854,09€
-Discalzas SD: 2.775€
-Escola Kárate Cedeira: 4.280,77€ + 1.729,79€
-Sociedad Caza y Pesca: 4.204,32€ + 1.698,92€
O total do orzamento municipal adicado ás convocatorias por concorrencia competitiva para as asociacións do eido sociocultural e as do deportivo suma 120.000€. Con estes programas, así como cos convenios nominativos que o Concello de Cedeira mantén con diferentes entidades do municipio, o goberno municipal quere apoiar e impulsar o rico tecido asociativo local.