O CONCELLO DE CEDEIRA REXEITA TODO COMPORTAMENTO RACISTA, XENÓFOBO OU VIOLENTO NO DEPORTE
O Concello de Cedeira quere expresar o seu rexeitamento a calquer comportamento racista, xenófobo ou violento no deporte, e en xeral a calquera falta de respecto tanto dentro como fóra do campo de xogo. Desde o goberno local subliñan que a aposta polo deporte leva aparellado comportamentos éticos entre os que están a valoración do contrario e a práctica do xogo limpo, no que hai que respectar ao contrario, ás regras e ao árbitros.
O Concello súmase á condena que fixo pública o club de fútbol Cedeira SD a raíz dos feitos que se rexistraron este domingo no campo municipal Carme Maseda durante a celebración da Copa Convivencia de alevíns. Tal como expón a entidade, o goberno municipal quere subliñar que no deporte non ten cabida ningunha expresión racista nin discriminatoria de ningún tipo.