TÉCNICO DEPORTIVO NO PAVILLÓN MUNICIPAL
Como ven sendo habitual, a área de Deportes do Concello de Cedeira dispón de Técnico Deportivo no Pavillón municipal a través da adxudicación dun contrato á empresa Letme Soluciones SL
A Técnica Deportiva te as seguintes funcións, entre outras:
- Difusión de campañas doutras entidades, xestión das inscripcións para participar
- Colaboración nas actividades organizadas polo concello, como carreira popular, probas atléticas na semana infantil, carnaval, etc.
- Planificación da programación deportiva anual do concello
- Labores administrativas
Esta contratación está financiada, en parte, coa subvención concedida pola Deputación para financiar gastos de persoal técnico nos servizos municipais de deporte en 2025.