O CONCELLO DE CEDEIRA TEN ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE PARA O CAMPAMENTO URBANO DESTE VERÁN
O Concello de Cedeira organiza un ano máis o Campamento Urbano de Verán, no que nos nenos e nenas de 4 a 12 anos poden participar en quendas de semanas, quincenas ou meses completos, co obxectivo de apoiar a conciliacion da vida laboral e familiar durante as vacacións escolares. As bases están colgadas no taboleiro de anuncios da sede electrónica e o prazo de solicitudes, aberto ata o vindeiro día 21 de maio.
O campamento desenvolverase nas instalacións do CEIP Nicolás do Río, do 29 de xuño ao 28 de agosto -agás os días festivos-, de luns a venres en horario de 09.00 a 14.00h. Monitores especializados encargaranse de organizar actividades e xogos nos que primará o carácter lúdico ao tempo que a formación en hábitos saudables e en valores para a convivencia.
O programa dispón de 50 prazas para nenos e nenas nados entre os anos 2014 e 2022, ambos os dous incluídos. Reservaranse cinco prazas para rapaces cun grado de discapacidade igual ou superior ao 33%. Nos criterios de selección establécese que terán prioridade os nenos e nenas de Cedeira, así como aqueles cuxos tutores acrediten unha relación laboral vixente en horario de mañá.
No taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello están colgadas xa as bases e a ficha de inscrición que hai que encher e entregar, así como a relación de documentación que se require. Este ano habilítase a posibilidade de participar durante unha semana -anteriormente o mínimo era a quincena-. O prezo de participación no campamento é de 20€ por semana, 60€ para o mes completo e 100€ para os dous meses. A inscrición pode facerse en liña, a través da sede electrónica, ou ben presencialmente no rexistro municipal.
Link ás bases: https://sede.cedeira.gal/sxc/export/sites/cedeira/recursos/downloads/Tablon/2026/ANUNCIO_PROG_20260507133000121_ANEXO_1778153400-0.pdf