AS PRAIAS DE AREA LONGA E A MADALENGA MANTEÑEN UN ANO MÁIS UNHA CALIDADE “EXCELENTE” DAS AUGAS DE BAÑO
O Concello de Cedeira informa de que vén de recibir a notificación do Departamento Territorial da Consellería de Sanidade segundo a que a calidade das augas das praias de Area Longa e a da Madalena acadaron a clasificación de “excelente”. É o máximo nivel establecido pola normativa vixente na materia e desde o goberno local subliñan a importancia deste resultado, ao tempo que se reafirma o compromiso co mantemento e mellora das zonas de baño e co obxectivo de garantir espazos seguros, limpos e de calidade para o disfrute de toda a veciñanza.
A máxima calidade en canto a clasificación sanitaria que chega ahora para o presente ano 2026 é unha nota que se repite invariablemente desde o ano 2020. Non fora así anos atrás, por exemplo nos anos 2011 e 2012, cando fora insuficiente, ou en 2013, cando acadara un suficiente. A situación foi mellorando paulatinamente, con un “ben” en 2018 e 2019, e acumula xa seis anos na mellor situación nos controis que realiza a Consellería de Sanidade.